
Jesús M. Díaz Álvarez, profesor da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) ofrece o martes 26 de novembro Na Facultade de Filosofía e a partir das 16.00 horas a conferencia 'Filosofía, educación e democracia. Un diálogo imaxinario entre José Ortega y Gasset e Richard Rorty'. Terá lugar no Salón de Actos.
Tras esta charla, ás 17.30 horas e no mesmo lugar a profesora Carme Adán, do IES Politécnico de Vigo e integrante do Consello da Cultura Galega imparte a conferencia 'Habitemos mundos cyborgs. Sobre o pensamento de Donna Haraway'.
Estas dúas conferencias foron organizadas dentro do Ciclo Coñecemento e Cidadanía, organizado polo Máster en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía da USC.
Finalmente, ás 19.00 horas, e dentro da programación de Filosofía na Rúa 2024, será a vez do profesor da Universidade de Oxford Pablo Sar, que ofrecerá a conferencia 'Que teñen en común Harry Potter, Xogo de Tronos e Humphrey Bogart?: Unha visión tráxica no cinema'.

