Salón de Actos
Ciclo Coñecemento e Cidadanía

O ciclo Coñecemento e Cidadanía, organizado pola coordinación do mestrado en Filosofía, volve o martes 29 de abril cunha nova sesión que moderará a coordinadora do mestrado, Iolanda Martínez Suárez, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. A entrada será libre ata completar a capacidade do espazo.
Abrirá o ciclo ás 16.00 horas a profesora titular de Filosofía Moral e Política da Universidade de Vigo Cristina Caruncho Michinel, coa conferencia Rearmando identidades: do azul falanxe ao rosa Barbie.
A continuación, ás 17.30 horas, o profesor titular de Filosofía Moral e Política da Universidade de Oviedo Javier Gil Martín pronunciará o relatorio Saúde pública e riscos de desastres: Unha ollada desde a ética e a filosofía política.