11.00 e 13.00 horas

A Facultade de Bioloxía acollerá o luns 6 de maio dúas conferencias das profesoras Danuta Drzymulska e Magdalena Grabowska, ambas as dúas da Universidade de Bialystok de Polonia.
A primeira delas, ás 11.00 horas na Aula 6 da Facultade, leva por título ‘Ecology of peatlands’ e correrá da man da profesora Drzymulska. Xa ás 13.00 horas será a quenda de Magdalena Grabowska, que pronunciará na aula 5 o relatorio ‘The role of toxic cyanobacteria in the functioning of freshwater ecosystems’.