Ir o contido principal

Congreso DREB2022

27.06.2022-01.07.2022 | 09.20h-15.30h

Santiago de Compostela
Auditorio

A física dos núcleos exóticos, no centro do congreso internacional DREB2022 organizado polo IGFAE

Cartel do Congreso DREB2022
Cartel do Congreso DREB2022

A 11th International Conference on Direct Reaction with Exotic Beams (DREB2022) desenvolverase do 26 de xuño ao 1 de xullo na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

Organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC e a Xunta de Galicia, o foro reunirá durante toda a semana ao redor de 150 especialistas de todo o mundo para presentar as últimas investigacións das reaccións nucleares con núcleos exóticos. Inestables e cunha vida moi curta, denomínanse así porque non poden atoparse de forma natural na Terra e ademais son difíciles de producir experimentalmente. As novas infraestruturas científicas con feixes de ións radioactivos, xunto co desenvolvemento de métodos teóricos avanzados e simulacións informáticas de alto rendemento, serán algunhas das cuestións clave que se abordarán neste encontro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.06.2022.