Ir o contido principal

Congreso Galaico-Lusitano de Historia da Medicina

02.10.2024

Santiago de Compostela
Salón Nobre

O lema desta edición é 'Adoecer e curar. Da Prehistoria ao século XXI'

Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite
Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite

O Congreso Internacional Galaico-Lusitano de Historia da Medicina desenvólvese entre o 2 e o 4 de outubro en Santiago de Compostela, organizado pola USC, o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) e a Real Academia de Medicina de Galicia.

A apertura será o mércores 2 de outubro a partir das 18.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e a conferencia inaugural correrá a cargo da profesora Amélia Ricon-Ferraz da Universidade do Porto, co título 'A evolução dos instrumentos cirúrgicos nas páginas dos catálogos de especialidade'; a asistencia a este acto é libre ata esgotar a capacidade do espazo. 

As restantes conferencias do congreso terán lugar no Auditorio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia os días 3 e 4 de outubro. Abordaranse temas coma a orixe do compostelán Hospital Psiquiátrico de Conxo, as curacións narradas nas Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio, a pandemia de gripe de 1918 ou a cirurxía na Prehistoria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.10.2024.