Ir o contido principal

Congreso internacional 'Emprego, formación e aprendizaxe ao longo da vida para un mercado de traballo global'

11.04.2024
Cartel do congreso
Cartel do congreso

A Facultade de Relacións Laborais da USC acolle os días 11 e 12 de abril o congreso internacional 'Emprego, formación e aprendizaxe ao longo da vida para un mercado de traballo global', un evento que forma parte das actividades de investigación do proxecto da Axencia Estatal de Investigación (AEI) que leva por título 'Aprendizaxe ao longo da vida nunha sociedade dixital: formación e recualificación para as novas profesións do mercado de traballo global'.

As persoas interesadas en enviar propostas de relatorios á organización do congreso poden facelo ata o 20 de marzo. As propostas deben estar relacionadas con algún dos seguintes temas: As transicións, o emprego e o mercado de traballo global; As transicións e os sistemas de formación profesional; As transicións e a formación permanente ao longo da vida.

A dirección académica do congreso corre a cargo de Lourdes Mella Méndez e Consuelo Ferreiro Regueiro e a coordinación académica de Alicia Villalba Sánchez, Silvia Fernández Martínez, Lara Munín Sánchez e Bárbara Torres García.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2024.