Ir o contido principal

Congreso internacional en nanociencia e nanotecnoloxía analítica

03.09.2024-06.09.2024

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Química. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Química. FOTO: Santi Alvite

A vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo, preside este martes 3 de setembro, ás 15.30 horas na Aula Magna Antonio Casares da Facultade de Química, a inauguración do XI Congreso internacional en nanociencia e nanotecnoloxía analítica (NyNA 2024). Estará acompañada no acto pola directora do iMATUS, Carmen Álvarez; o decano da Facultade de Química, Jesús Sanmartín e o presidente do Grupo de Ciencia e Tecnoloxía (Bio)Analítica (GCTbA) da Real Sociedade Española de Química (RSEQ), José Manuel Costa.

O congreso desenvolverase na Facultade de Química entre o 3 e o 6 de setembro con case 200 participantes do ámbito da nanociencia e da nanotecnoloxía analítica. Será precedido dun curso curto na mañá deste martes sobre os desafíos actuais no campo, lexislación e o uso de nanomateriais en sensores ópticos e electroquímicos.

Esta cita científica, recoñecida como un Evento EuChemS pola European Chemical Society, está organizada polo Grupo de Ciencia e Tecnoloxía (Bio)Analítica (GCTbA) da Real Sociedade Española de Química (RSEQ). No comité local participan membros do Instituto de Materiais da USC (iMATUS), que contan co apoio do Grupo Especializado de Nanociencia e Materiais Moleculares, e da Sección Territorial de Galicia da RSEQ, así como coa axuda de diversas sociedades científicas españolas do ámbito da Química Analítica: Sociedade Española de Química Analítica (SEQA), Sociedade de Espectroscopia Aplicada (SEA), e a Sociedade Española de Cromatografía e Técnicas Afíns (SECyTA).
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.09.2024.