Ten como lema 'Acompañamento socioeducativo e benestar'

O xoves 8 e o venres 9 de maio de 2025 desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur o I Congreso Internacional, Profesional e Interuniversitario de Educación Social, co que se busca explorar as últimas investigacións e estratexias de traballo en educación social, coa temática do benestar e o acompañamento como eixos de fondo. Estes dous días, indica a organización, "estarán cheos de presentacións inspiradoras, espazos de diálogo, simposios temáticos, presentación de traballos e oportunidades para relacionarte con colegas con paixón pola educación social".
O Comité Organizador está presidido pola profesora Laura Varela Crespo do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC e a vicepresidencia corre a cargo de Rocío Núñez Rúa do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG).