03.06.2021 | 11.30h
Evento organizado pola Academia Xacobea que conta coa participación da USC

O 'I Congreso Mundial Xacobeo' da Academia Xacobea terá lugar entre os días 3 e 5 de xuño. Consistirá en seis paneis que se desenvolverán entre o Salón Nobre do Colexio de Fonseca, a Cidade da Cultura de Galicia e o Auditorio Municipal de Padrón. Podes consultar o programa aquí.
A inauguración do mesmo, que terá lugar ás 11.30 horas do día 3, contará coa participación da súa Maxestade o Rei, e será retransmitida en directo a través da seguinte ligazón.