O encontro afonda na improtancia da pedagoxía na calidade educativa nas institucións escolares, sociais, políticias, empresariais e laborais

Co gallo da celebración da Semana da Pedagoxía do 8 ao 14 de maio, a Facultade de Ciencias da Educación da USC acolle o martes 9 o I Congreso Pedagóxico APCOPEGAL, un encontro que procura contribuír a xerar referentes nos distintos ámbitos da profesión, contribuír a visibilizar as áreas de traballo, profundar na pegada do enforque pedagóxico nas institucións escolares, sociais, políticias, empresariais e laborais e camiñar e reflexionar sobre os retos aos que deben facer fronte os programas pedagóxicos de intervención educativa neste século.
A xornada desenvólvese no Salón de Actos da Facultade de Ciencias de Eduación do Campus Vida das 09.00 ás 15.00 horas e a asistencia é libre previa inscrición. O programa completo está dispoñible en liña e a xornada pode seguirse en directo nesta ligazón.
