Evento organizado por un comité local dende Galicia que preside a profesora Fátima Díez Platas da USC xunto con César González- Perez, Científico Titular do Incipit-CSIC

O V congreso da Sociedade Internacional de Humanidades Dixitais Hispánicas ( HDH 2021) pretende promover e difundir a investigación ligada ás Humanidades Dixitais desenvolvida en español, establecendo relacións entre investigadores e expertos de todo o mundo que desenvolven e utilizan ferramentas dixitais no seu traballo e quefacer humanistas.
Ao redor de 200 investigadores de todo o mundo (principalmente comunidades europeas e americanas traballando en español) daranse cita ao longo da semana en numerosas sesións científicas, paneis de discusión, conferencias plenarias e eventos virtuais.
As conferencias plenarias contarán coa participación de reputados investigadores a nivel internacional en ámbitos como a lingüística computacional, a intelixencia artificial, a musicología, a arquivística ou a arqueoloxía, todo co obxectivo común de debater o estado actual e futuro da Humanidades Dixitais como campo transdisciplinar que aúne e xere bidireccionalmente coñecemento humanístico e tecnolóxico.