O grupo Histagra organiza a presentación deste volume do catedrático de Dereito, Óscar Alzaga.

O xoves día 24 de marzo ás 19 horas, a Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia acollerá a presentación do libro La conquista de la transición. Memorias documentadas, obra do catedrático de Dereito Óscar Alzaga.
O acto de presentación será conducido por Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC e IP de Histagra, e contará coa participación do autor do libro, acompañado de Francisco Caamaño, catedrático de Dereito na UdC e ex ministro de Xustiza; e de Pedro Puy, profesor de Dereito na USC e deputado do Grupo Parlamentario Popular de Galicia.
A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala e o acto tamén pode seguirse en liña a través de MS TEAMS.