
Este luns 10 de xuño terá lugar ás 9.30 horas unha sesión ordinaria do Consello de Goberno da USC no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome en Santiago de forma presencial, e en liña desde a Sala Multiusos do Edificio de Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros en Lugo.
O primeiro punto da orde do día é a aprobación, se procede, da acta da reunión anterior. A continuación estudarase a aprobación da integración de profesorado titular de escola universitaria no corpo de profesorado titular de universidade, a prórroga de contratos de PACS, a proposta de contratación de profesor emérito e os complementos retributivos autonómicos.
A seguir, analizarase o acordo polo que se avoca a competencia delegada no vicerreitor de Profesorado por acordo do 23 de febreiro de 2024 e se aproba a proposta de comisión de selección dunha praza de profesorado axudante doutor, a modificación do acordo polo que se delega no vicerreitor de Profesorado a designación dos membros das comisións de selección dos concursos de planificación de profesorado 2024, a modificación do Plan de medidas antifraude e prevención de riscos de xestión da USC, a Oferta de Emprego Público do Persoal de Administración e Servizos para o ano 2024 e a modificación da RPT de PAS Laboral.
Así mesmo debateranse a modificación do Acordo do Consello de Goberno do 27 de maio de 2010 sobre criterios de admisión por cambio de universidade e/ou estudos universitarios nos estudos de grao e a modificación do Acordo do Consello de Goberno do 28 de outubro de 2022, sobre o procedemento de admisión e matrícula condicionada nos estudos de mestrado universitario.
O seguinte punto aborda a creación da plataforma tecnolóxica para a investigación virtual da USC (VIRTUS), o Regulamento de estudos de doutoramento da USC, o Regulamento de Réxime Interno da EDIUS, os cursos de estudos propios, as memorias de cursos de estudos propios e a declaración do carácter excepcional e singular dunha solicitude de subvención obxecto de convenio para o financiamento de actividades pola Deputación Provincial da Coruña.
Deseguido verase a proposta de nomeamento de representantes da USC nos Consellos de Administración e Xunta de Accionistas das EBCs participadas pola USC, a proposta de desinvestimento da USC na empresa de base tecnolóxica G4C (Genome four Care), as novidades en transferencia de coñecemento, os convenios, os asuntos económicos, o posicionamento do Consello de Goberno sobre o manifesto do equipo de goberno diante da situación en Palestina e o informe de seguimento das empresas spin-off da USC.
Finalmente presentaranse os informes do reitor, das vicerreitoras e vicerreitores, do xerente e da secretaria xeral e haberá unha rolda aberta de intervencións.