Ir o contido principal

Consello de Goberno

25.10.2024 | 09.30h

Santiago de Compostela
Salón Reitoral

Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite
Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite

Este venres 25 de outubro terá lugar no Salón Reitoral do Pazo de San Xerome unha sesión ordinaria do Consello de Goberno que comezará ás 09.30 horas en primeira convocatoria, e na que se estudarán, entre outros temas, a aprobación, se procede, das bases para a planificación de profesorado 2025, do Regulamento do Centro de Formación de Persoal e da creación da cátedra institucional Médico Alejandro Álvarez Coira.

Así mesmo, debateranse a aprobación dos parámetros de ponderación de materias para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do SUG no curso 2026-2027 e a proposta de nomeamento de director en funcións do Departamento de Matemáticas.

A continuación abordarase a renovación de representante da USC no Consello Escolar de Galicia e aprobaranse, se procede, cursos de estudos propios e memorias de estudos propios, así como a proposta de Protocolo fronte as violencias sexuais e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade ou expresión de xénero na USC.

Na parte final do consello falarase de convenios e asuntos económicos, e presentará os seus informes o reitor, as vicerreitoras e vicerreitores, o xerente e a secretaria xeral, tras o cal haberá unha rolda aberta de intervencións.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2024.