Ir o contido principal

Consello de Goberno

23.02.2024 | 09.30h-15.00h

Santiago de Compostela

Este venres 23 de febreiro ten lugar o Consello de Goberno ordinario da USC. A sesión desenvolverase no Centro de Estudos Avanzados e poderá seguirse desde a Biblioteca Intercentros de Lugo

Centro de Estudos Avanzados da USC. FOTO: Santi Alvite
Centro de Estudos Avanzados da USC. FOTO: Santi Alvite

Entre os asuntos a tratar na orde do día, figuran a aprobación, se procede, da proposta de actuacións en materia de PDI no marco da planificación 2024; a Oferta de Emprego Público de PDI 2024, a proposta do acordo polo que se delega no vicerreitor de Profesorado a designación dos membros das comisións de selección dos concursos da Planificación 2024, o Calendario Académico da USC para o curso 2024-2025, a adscrición á USC de persoal investigador no marco do Programa Oportunius, a modificación do Anexo II do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC e o Calendario extraordinario para a tramitación de declaración de intencións de propostas de novos títulos coordinados por universidades de fóra do SUG.

Así mesmo estudarase a creación da cátedra institucional Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a aprobación do logo da cátedra institucional Vida Saudable, a modificación do Regulamento de TFG do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, as memorias de estudos propios e o balance final de liquidación de UNIXEST.

Tamén se abordarán asuntos económicos, a transferencia de coñecemento e convenios. A continuación presentará os seus informes o reitor, as vicerreitoras e vicerreitores, o xerente e a secretaria xeral, a finalizará o Consello de Goberno cunha rolda aberta de intervencións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.02.2024.