Ir o contido principal

Consello de Goberno

21.03.2024 | 09.30h-15.00h

Santiago de Compostela
Salón Reitoral

Colexio de San Xerome, sede da reitoría da USC. FOTO: Santi Alvite
Colexio de San Xerome, sede da reitoría da USC. FOTO: Santi Alvite

Este xoves 21 de marzo ten lugar no Salón Reitoral de San Xerome unha sesión ordinaria do Consello de Goberno da USC que comeza ás 09.30 horas en primeira convocatoria. O primeiro punto da orde do día é a aprobación, se procede, da acta da reunión anterior. A continuación estudarase a designación de representante do Consello de Goberno nos Institutos de Humanidades (iHUS) e Psicoloxía (iPSIUS), a aprobación da adscrición á USC dun investigador científico do CSIC e o recoñecemento con horas de docencia clínica da colaboración docente de colaboradores e titores clínicos.

Así mesmo tratarase a aprobación, se procede, da oferta de prazas de novo ingreso nas titulacións de grao, mestrado e doutoramento para o curso 2024-2025, a declaración de intencións dunha nova titulación de mestrado universitario para a súa implantación no curso 2025-2026 e propostas complementarias das modificacións non substanciais das memorias dos graos en Mestre de Educación Infantil e Mestre de Educación Primaria.

Deseguido analizarase a aprobación, se procede, de memorias de estudos propios, do acordo sobre os procedementos de admisión aos estudos de grao nas universidades públicas do SUG para o curso 2024-2025, da creación da cátedra institucional Saúde Ambiental, da modificación da denominación do Instituto de Acuicultura e do seu Regulamento de Réxime Interno e da modificación do Regulamento de Réxime Interno do Instituto de Humanidades (iHUS) e do Instituto de Psicoloxía (iPSIUS).

Finalmente, abordaranse os convenios e asuntos Económicos, e presentarán os seus informe o reitor, as vicerreitoras e vicerreitores, o xerente e a secretaria xeral, para rematar cunha rolda aberta de intervencións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2024.