20/02/2025 (1ª sesión ás 10.30h; 2ª ás 13.30h)
Salón Reitoral

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago desenvolverá o xoves 20 de febreiro dúas sesións con carácter extraordinario no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Unha primeira, ás 10.30 horas, para debater e someter a aprobación a proposta de reforma dos Estatutos da USC para a súa remisión ao Claustro Universitario. A segunda das xuntanzas, a partir das 13.30 horas,ten como único punto da orde do día o acordo de novación de préstamos á USC polas entidades Abanca e Banco Santander.