Ir o contido principal

Constitución do Foro Social do Instituto da Lingua Galega

02.07.2024 | 16.30h

Santiago de Compostela
Biblioteca

Participan 12 persoas representantes de institucións públicas e privadas de distintos ámbitos

A constitución do foro será na biblioteca do ILG
A constitución do foro será na biblioteca do ILG

O Instituto da Lingua Galega constitúe este martes 2 de xullo o seu Foro Social, órgano de asesoramento externo no que participan 12 membros de distintas institucións públicas e privadas do ámbito educativo, cultural, editorial, dos medios de comunicación, da investigación e do eido empresarial, entre outros.

O Foro terá como principais cometidos debater as tendencias e cambios nas demandas sociais que resulten de interese para o desenvolvemento das actividades de investigación, difusión e transferencia do Instituto, prestar apoio na elaboración e implantación dos plans estratéxicos do centro e trasladar á sociedade información sobre o ILG co fin de que acade unha maior proxección na súa contorna.

Nesta primeira reunión de constitución, ás 16.30 horas na biblioteca do centro, a directora do IIL, Elisa Fernández Rei, achegaralles aos membros do Foro información sobre a axenda científica do Instituto, as accións levadas a cabo para a promoción da súa investigación e para o aumento da súa proxección social, así como as actividades máis destacables que desenvolve o ILG para contribuír ao avance científico e tecnolóxico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.07.2024.