Organizada por Aministía Internacional en colaboración co Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos do Xénero (CIFEX)

A Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida acollerá o venres 6 de maio ás 12.00 horas a conferencia 'Contexto sobre a situación dos dereitos humanos en Guatemala e Centroamérica. A situación das mulleres', que organiza Amnistía Internacional en colaboración co Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos do Xénero (CIFEX) da USC. Será impartida por Lucía Ixchiu e Ernesto Cano. activistas cunha longa traxectoria a prol dos dereitos humanos e integrantes de colectivos como Festivales Solidarios e Mujeres en Movimienta
Lucía Ixchiu (Totonicapán, Guatemala) é indíxena k´iche, feminista comunitaria, arquitecta e deseñadora, defensora do territorio e dos dereitos humanos, artista, cantora, xestora cultural e xornalista comunitaria.
Carlos Ernesto Cano (Guatemala) é comunicador do colectivo Festivales Solidarios, foto-xornalista da Federación Guatemalteca de Escuelas Radiofónicas (FGER) e defensor dos Dereitos Humanos a través da defensa do territorio (urbano e rural), memoria histórica, prisión política e criminalización.