Santiago de Compostela
Seminario 103
O Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas e Culturais promove relatorio de Michel Prieur, un dos expertos con máis sona no ámbito do Dereito Ambiental

Michel Prieur, profesor emérito e presidente do Centro Internacional do Dereito Comparado Ambiental (CIDCE) da Universidade de Limoges, imparte o mércores 29 de marzo no CISPAC o relatorio 'O Convenio Europeo da Paisaxe'. A sesión, desenvolverase a partir das 16.30 horas no Edificio Fontán da Cidade da Cultura con acceso de balde ata completar a capacidade da sala.
Prieur é un dos académicos máis recoñecidos no Dereito Ambiental e participou como experto internacional na comisión preparatoria para a redacción do Convenio Europeo da Paisaxe (Florencia, 2000).