Ir o contido principal

Conversa con Juan Carlos Unzué e Ángel Carracedo

19.03.2024 | 19.30h-21.00h

Auditorio da Fundación ABANCA
Santiago de Compostela

Detalle do cartel do evento
Detalle do cartel do evento

Este martes 19 de marzo a partir das 19.30 horas desenvólvese no Auditorio da Fundación ABANCA na rúa do Preguntoiro, 39, en Santiago, un diálogo entre o ex-futbolista, adestrador e enfermo de ELA Juan Carlos Unzué e o catedrático de Medicina Legal da USC Ángel Carracedo; o diálogo será moderado pola xornalista Eva Millán (RadioVoz).

A actividade é promovida polo Grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da Universidade de Santiago de Compostela, dentro do ciclo de conversas denominado 'Educación, ciencia e conciencia no diálogo Universidade-Sociedade'; este ciclo desenvolverase ao longo de 2024 conmemorando o 25 aniversario do grupo.

Para o evento, ata completar a capacidade do espazo, haberá unha Fila 0 para que os fondos recadados vaian destinados integramente á Asociación de Enfermos/as de ELA-Galicia.

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.03.2024.