16.05.2023 | 18.00h
Encontro organizado polo Grupo Síncrisis

O Salón de Actos da Facultade Filosofía acollerá o martes 16 de maio unha conversa co escritor, tradutor, e profesor helenista Pedro Olalla. Coordinada por Fátima Díez Platas, a conversa servirá tamén para presentar unha das publicacións máis recentes do autor, Palabras del Egeo. El mar, la lengua griega y los albores de la civilización.
A asistencia é libre ata completar capacidade.