18.12.2023 | 17.00h-19.00h
A profesora é investida doutora honoris causa pola USC ese mesmo día

A Facultade de Filosofía o luns 18 de decembro ás 17.00 o diálogo 'En conversación con Martha Nussbaum', que terá lugar a partir das 17.00 horas no Salón de Actos. O acto contará coa presenza da profesora Nussbaum, quen é investida doutora honoris causa pola USC ese mesmo día pola mañá e consistirá nunha conversa con cinco membros do grupo PAIX de Humanidades e Ciencias Sociais: Xavier de Donato e Óscar Horta da Facultade de Filosofía, Laura Lojo da Facultade de Filoloxía e Pedro López Barja e Jesús Ángel Sánchez García da Facultade de Xeografía e Historia.
Prégase confirmar asistencia enviando un correo á Secretaría do Decanato de Filosofía: zfildeca [at] usc.es (zfildeca[at]usc[dot]es) antes das 14.00 horas do 15 de decembro.