Ir o contido principal

Conversando con Mary Beard

30.03.2023 | 18.30h

Auditorio Abanca (Rúa do Preguntoiro, 23)
Santiago de Compostela

O Grupo Síncrisis colabora na organización deste encontro coa catedrática da Universidade de Cambridge na véspera da súa investidura como doutora honoris causa da USC

Conversando con Mary Beard
Conversando con Mary Beard

O xoves 30 de marzo a académica británica Mary Beard,  catedrática en Estudos Clásicos da Universidade de Cambridge, manterá en Compostela unha conversa aberta ao público co catedrático de Historia Antiga da USC Pedro López Barja de Quiroga. A sesión acontecerá na véspera da investidura desta reputada estudosa e divulgadora como doutora honoris causa da USC e na súa organización colaboran o grupo SÍNCRISIS de Investigación e Formas Culturais da USC e Afundación Obra Social Abanca.

O encontro, moderado pola xornalista Belén Regueira,  desenvolverase a partir das 18.30 horas no Auditorio Abanca e a asistencia é de balde previa retirada de entradas en Ataquilla.com.

 

Cartel da actividade
Cartel da actividade
Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.03.2023.