Ir o contido principal

Faíscas Culturais

Conversas con Shakespeare

17.02.2023 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Este encontro busca ofrecer un diálogo entre a filoloxía e o teatro, entre a literatura e a posta en escena

As Faíscas Culturais son proxectos artístico-pedagóxicos que se sitúan na intersección que existe entre o coñecemento académico e a expresión artística.
As Faíscas Culturais son proxectos artístico-pedagóxicos que se sitúan na intersección que existe entre o coñecemento académico e a expresión artística.

O programa 'Faíscas culturais' leva á Facultade de Filoloxía unha conversa que unirá especialistas do estudo da filoloxía e o teatro con responsables de cada unha das pezas que integran a nova produción do Centro Dramático Galego (CDG)  Shakespeare en Roma. A este coloquio asistirán Ana Abad de Larriva (dramaturga de Antonio e Cleopatra), Sara Rey (directora de Antonio e Cleopatra), Rosa Moleda (lingüista das 4 adaptacións) e Santi Romay (actor).

Trátase de conversar sobre cada unha das obras dende diferentes puntos de vista, co foco no texto literario, nas fontes textuais, no éxito editorial, na recepción en forma de traducións, na fortuna escénica da obra, no sentido e significado no momento da composición, na influencia en dramaturxias veciñas durante a Idade Moderna, nas interpretacións actuais da obra, no sentido das postas en escena de CDG, na construcción das montaxes, construcción das personaxes, e na obra de Shakespeare para o público actual.

A actividade, terá lugar o venres 17 de febreiro ás 12.00 horas no Salón de Actos da Facultade.  Coordinada pola docente Alejandra Ulla, está especialmente dirixida ao estudantado das materias 'Literatura de expresión francesa 2 (teatro)' e 'Introdución á literatura inglesa',  e do Mestrado en Estudos da Literatura e da Cultura, pero a participación está aberta a toda a comunidade universitaria. 

Shakespeare en Roma

O espectáculo Shakespeare en Roma nace como una oportunidade para unir tres momentos da historia: o presente, o periodo Isabelino e a Roma Clásica a través da guerra, a violencia e a loita polo poder que guían o destino dos personaxes.

Con dirección de Rui Madeira, María Barcala, Xúlio Lago, Sara Rey e Quico Cadaval, poranse en escena versións destiladas das catro pezas a través do ollar de catro dramaturgos e dramaturgas. Versións condensadas en 35 minutos cos que compartir co público de hoxe a reescrita dos textos shakespearianos co foco posto nalgunha das personaxes secundarias presentes nos orixinais.

As catro pezas poranse en escena en no Salón Nobre de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela para achegar ao público ao ambiente isabelino no que se escribiron os orixinais. Un xogo escénico no que oito intérpretes darán vida ás diferentes personaxes nunha posta en escena de proximidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.02.2023.