Con Ángeles Valbuena, organizado por BioIncubaTech

A Incubadora de Alta Tecnoloxía para o Fomento da Innovación e a Transferencia de Biotecnoloxía no ámbito da saúde e das tecnoloxías alimentarias- BioIncubaTech organiza o mércores 26 de xaneiro unha nova sesión dos Bioalmorzos informativos de internacionalización, un ciclo de encontros con relatoras/es de referencia en ámbitos do sector bio, a saúde e as tecnoloxías alimentarias.
Baixo o título 'A cooperación tecnolóxica internacional no CDTI' esta sesión en liña contará coa presenza de Ángeles Valbuena , responsable do Head of Department of Foreign Technology Action no CDTI.
Dirixido a empresas e persoas interesadas en internacionalización e acceso a novos mercados nestes ámbitos, o encontro arrancará as 10.00 horas co obxectivo de intercambiar experiencias e coñecementos e xerar un debate que poida dar lugar a novos proxectos. A asistencia é libre previo rexistro no formulario inferior.