Ir o contido principal

Teatro

Cuarto pase de 'En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic'

27.11.2020 | 20.00h

Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño

Esta función representarase na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño os días 19, 20, 26 e 27 de novembro (xoves e venres)

Cartel do evento
Cartel do evento

En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic' é unha representación teatral a cargo da Aula de Teatro da USC.

Para reservar a túa entrada envía un correo electrónico a area.cultura [at] usc.es (area[dot]cultura[at]usc[dot]es) indicando a data na que queres asistir, nome e apelidos e un teléfono de contacto. Despois, debes retirar o billete de entrada ás 19.30 horas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño. As entradas non retiradas á esa hora pasarán a disposición das persoas que acudisen á sala a retirar o seu billete de entrada.

Outra alternativa é acudir entre 19.35 e 19.50 horas á sala a solicitar unha entrada das que non fosen retiradas ás 19.30 (de darse o caso). Só poderás retirar entrada para ese día e deberás, igualmente, aportar o teu nome, apelidos e teléfono de contacto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.11.2020.