Ir o contido principal

Seminario

'Cuestións migratorias. Des/re/territorializacións, postnacionalismo e a dislocación do suxeito'

05.06.2023 | 10.00h-13.00h

Santiago de Compostela
Sala B13

Seminario de Mabel Moraña organizado polo grupo de Teoría da Literatura e Literatura Comparada (GI-1371)

Cartel do seminario
Cartel do seminario

A investigadora Mabel Moraña, titular da Cátedra William H. Gass de Humanidades na Washington University in Saint Louis, impartirá na USC o seminario 'Cuestións migratorias. Des/re/territorializacións, postnacionalismo e a dislocación do suxeito', un encontro ao abeiro do 'Pasaxes. Seminario permanente de Teoría literaria e Análise cultural' e que se desenvolverá o luns 5 de xuño na sala B13 da Facultade de Filoloxía, das 10 ás 13 horas.

O Grupo de investigación de Teoría da literatura e Literatura comparada da USC (GI-1371) organiza este seminario aberto ao PDI e ao estudantado de doutoramento e mestrado  con asistencia libre até completar capacidade e previa inscrición no enderezo paulo.gatica [at] usc.es (paulo[dot]gatica[at]usc[dot]es)

Pasaxes. Seminario permanente de Teoría literaria e Análise cultural é unha iniciativa da área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Instituto de Investigaciones Bibliográficas da Universidad Nacional Autónoma de México. Este ten por finalidade converterse nun foro propicio para o intercambio de ideas con especialistas en estudos literarios e culturais. Neste sentido, o seminario non só aposta por un mellor coñecemento dos avances teóricos e metodolóxicos que están a realizarse desde outros ámbitos e espazos de coñecemento, senón que tamén reivindica a necesidade dun pensamento situado e cooperativo para abordar problemáticas que sobrepasan calquera tipo de fronteira. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.05.2023.