Ir o contido principal

Curso 'Ciencia aberta e humanidades dixitais'

14.11.2023 | 11.00h

Santiago de Compostela

Esta actividade de formación pretende conectar o público asistente, e particularmente o alumnado da Escola de Doutoramento Internacional da USC, co estado das humanidades dixitais e, dun xeito máis amplo, co estado da produción científica en acceso aberto

A xornada está impulsada polo ILG. FOTO: Pixabay
A xornada está impulsada polo ILG. FOTO: Pixabay

O salón de graos da Facultade de Filoloxía acollerá o 14 de novembro o curso 'Ciencia aberta e humanidades dixitais', organizado polo Instituto da Lingua Galega. Esta actividade de formación pretende conectar o público asistente, e particularmente o alumnado da Escola de Doutoramento Internacional da USC, co estado das humanidades dixitais e, dun xeito máis amplo, co estado da produción científica en acceso aberto. A xornada combina achegas sobre ferramentas para a xeración de contidos en acceso aberto, unha panorámica sobre o estado da ciencia aberta por parte da xefa da Unidade de Acceso Aberto, Repositorios e Revistas da FECyT, e a presentación do Portal da Cultura Impresa en Lingua Galega, impulsado dende o ILG por Pablo García Martínez, coordinador da xornada.

O alumnado predoutoral da EDIUS que desexe asistir ten que realizar a inscrición entre o 31 de outubro e o 7 de novembro a través da súa secretaría virtual. O número de lugares é limitado (20 persoas) e serán cubertos por rigorosa orde de inscrición. Para o resto das persoas interesadas no curso a asistencia é libre. Só deben cubrir o formulario de inscrición que se encontra na páxina da actividade (ata o 10 de novembro) se desexan obter o certificado de participación.
 

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.11.2023.