Pemade organiza ao abeiro do Life Lugo + Biodinámico un curso en liña sobre construción en madeira contralaminada

A Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (Pemade) do Campus de Lugo da USC imparte un curso liña sobre construción en madeira contralimanada, un programa formativo organizado ao abeiro do proxecto Life Lugo+Biodinámico eu comezará a impartirse este xoves, a partir das 16.00 horas.
A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel; o director de Pemade, Manuel Guaita; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o director de negocio da empresa Xilonor, Francisco Roca, e a deputada provincial delegada da área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, intervirán este xoves na sesión de apertura do primeiro módulo dun curso que está estruturado en tres sesións e que se prolongará ata o sábado 21 de novembro.