Evento organizado polo CiTIUS

Os vindeiros luns 5, xoves 8, luns 12 e xoves 15 de xullo, en horario de 17.00 a 18.30 horas, terá lugar o Curso de deseño de experimentos impartido por César A. Sánchez Selleros. O obxectivo é dotar aos asistentes de conceptos e ferramentas para deseñar estudos experimentais ou observacionais, analizar resultados e obter conclusións.
Percorreranse dende os deseños máis clásicos de regresión e análise da varianza e covarianza ate deseños máis específicos, coma os de efectos aleatorios.
César A. Sánchez Sellero é profesor titular do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Imparte materias de Probabilidade e Estatística no Grao en Matemáticas e no Máster en Técnicas Estatísticas, e de Estatística aplicada no Grao en Enxeñaría Química, no Máster en Optometría e noutras titulacións científicas e biosanitarias. Pertence ao grupo de investigación ‘Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións’ da USC e é autor de 17 publicacións en revistas de alto impacto.