Ir o contido principal

Curso sobre elaboración de queixos de pasta branda na APLTA

As sesión formativas, impartidas por persoal técnico da APLTA e de Chr. Hansen, desenvólvense do 27 ao 29 de febreiro na plataforma tecnolóxica do Campus Terra. A inscrición permanece aberta

Cartaz do curso
Cartaz do curso

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias e Chr. Hansen organizan un curso de formación teórico-práctico de elaboración de queixos de pasta branda. As sesións formativas deste programa comezarán o martes 27, a partir das 9.00 horas, e terán continuidade nas dúas xornadas seguintes con diversas sesións prácticas.

A inscrición nesta actividade incluída no Programa de Formación do Campus Terra da USC aínda está aberta en liña,  Tamén se pode obter máis información a través do número de teléfono 982 821 405.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.02.2024.