Dirixido a alumnos da ETSE (Grao, Máster e Doutoramento)
Organizadora: Gracia Frutos Martínez (Directora da Biblioteca da ETSE)
Criterios de selección: por orde de inscripción
Nº máximo de alumnos: 45
Tipo de docencia: virtual (Campus Virtual da USC)
Días:
- 8 abril 2021, 12:00 h., Salón de Actos da ETSE .Sesión presencial de comezo do curso (1 hora)
- Tempo total de traballo: 25 horas (1 presencial + 24 virtuais)
- Período de realización do traballo: entre o 8 de abril e o 10 de mayo 2021
Información xeral
- O curso desenvolverase nunha contorna virtual, o Campus Virtual da USC.
- A duración do curso será de 4 semanas, cunha inversión en tempo do alumnado de 25 horas.
- O curso organizase en sete módulos cos contidos e as tarefas correspondentes, de carácter obrigatorio. Test final
Obxectivos
- Ser capaz de recoñecer a importancia que ten a adquisición de competencias informacionais/dixitais e xestionar o tempo de estudio e traballo.
- Coñecer os recursos de información e servizos a través da web da BUSC e os recursos TIC da USC.
- Saber que é unha fonte de información e os diferentes tipos. Aprender a planificar unha busca e localizar información pertinente no catálogo da BUSC, bases de datos e na Internet.
- Ser quen de avaliar correctamente a información atopada para así seleccionar aquela que mellor resolva as súas necesidades. Xestionar e organizar por si mesmo a información, mediante xestores bibliográficos e/ou outras ferramentas informáticas para a almacenaxe na nube.
- Ser capaz de aplicar a metodoloxía científica propia da elaboración dun traballo de investigación. Comprender a importancia de facer un uso responsable, ético e legal da información que se utiliza, citando e redactando as referencias e evitando o plaxio.
- Coñecer máis dunha ferramenta para presentar traballos académicos. Ser quen de difundir e compartir información a través da web e das redes sociais. Aprender a xestionar a propia identidade dixital sen riscos. Entender o que son os dereitos de autor e as implicacións de publicar en acceso aberto os resultados da investigación, e os seus beneficios para a difusión da ciencia.
Contidos
O curso consta de 7 módulos con exercicios vinculados a cada módulo:
- Antes de empezar
- Que necesito aprender e para que
- Buscar información
- Avaliar e organizar a información
- Avaliar a ciencia
- Tratar a información. Como elaborar un traballo de investigación
- Comunicar e difundir a información
Avaliación
- Exercicios vinculados a cada módulo
- Test final
A cualificación final do curso será: “APTO” ou “NON APTO ”. Para acadar o apto cómpre ter unha cualificación de “apto” nos exercicios vinculados aos módulos de contidos e acadar unha nota mínima de 5 no test final.
A listaxe de alumnado apto será remitida ao Centro de Tecnoloxías para Aprendizaxe (CeTA) para a emisión dos diplomas correspondentes que avalan aos estudantes a realización deste curso de Formación por un total de 25 horas.
Inscrición
Enviar correo electrónico a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) cos seguintes datos: Apelidos e Nome e titulación onde está matriculado, (ata o día 05/04/2021).
Confirmarase a admisión por correo electrónico.