Ir o contido principal

Curso sobre o programa matemático Mathcad

11/03/2024 - 16.00 horas

Aula informática

O profesor Jorge A. Carrazana García impartirá as sesións formativas, a partir do 11 de marzo na Facultade de Ciencias. A inscrición permanece aberta e o curso pódese completar a través do campus virtual da USC

Facultade de Ciencias da USC
Facultade de Ciencias da USC

O Campus Terra da USC oferta no seu plan de acción formativas complementarias un curso de introdución ao uso de Mathcad, un programa impartido polo profesor do Departamento de Química-Física da USC na Facultade de Ciencias Jorge A. Carrazana García que se desenvolverá de xeito presencial do 11 de marzo ao 3 de abril. As sesións formativas serán en quenda de tarde, a partir das 16.00 os días 11, 12 e 13 de marzo. As clases dos días 1, 2 e 3 de abril comezarán ás 16.30 horas nas aulas de informática do centro universitario lugués. As sesión programadas no marco deste obradoiro, dirixido a persoal investigador e alumnado de mestrado, tamén se poderán seguir a través do campus virtual da USC. As persoas interesadas en participar neste programa, para o que se ofrecen un total de 20 prazas, poden formalizar xa a súa inscrición en liña.

O programa do curso permitirá ao alumnado participante aprender a explotará as características que converten o programa Mathcad nunha ferramenta de gran utilidade para a ensinanza de materias relacionadas coas matemáticas puras e aplicadas.

As distintas sesión formativas teñen una orientación especialmente práctica, o que permitirá ao alumnado familiarizarse co uso e coas aplicacións de Mathcad a través de tarefas realizadas xunto co profesor, que tamén achegará material explicativo e outros recursos que axudan á aprendizaxe deste programa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.03.2024.