Salón de Actos
O iMATUS promove este relatorio de Manuel Vázquez, profesor do Instituto de Ciencia de Materiais de Madrid (CSIC)

O investigador Manuel Vázquez Villalabeitia, integrante do Instituto de Ciencia de Materiais de Madrid do CSIC recoñecido pola IEEE Magnetics Society como Distinguished Lecturers en 2023, impartirá unha conferencia no iMATUS o mércores 12 de abril.
No seu relatorio, titulado 'Cylindrical Micro- and Nanowires: From Curvature Effects on Magnetization to Sensing Applications' (Micro e nanofíos cilíndricos: desde os efectos da curvatura na magnetización ata as aplicacións de detección), afondará na investigación sobre os efectos da curvatura nas nanoestruturas magnéticas, un campo que está a atraer moito interese en tanto que ofrece novas alternativas a sistemas planos. En particular, a xeometría cilíndrica introduce singularidades significativas na resposta magnética dos fíos ferromagnéticos só a partir da súa curvatura, que depende principalmente do seu diámetro, lonxitude e relación de aspecto.
A conferencia desenvolverase a partir das 12.00 horas no Salón de Actos do Instituto de Materiais da USC e o acceso é libre.