Evento organizado pola Asociación Socio-Cultural Italiana de Portugal Dante Alighieri (Comité Dante Alighieri de Porto), en colaboración co Comité Dante Alighieri de Vigo e a USC

A conferencia 'Dante na poesía española do século XV', impartida polo profesor de literatura italiana da Facultade de Filoloxía da USC Javier Gutiérrez Carou, presentará a influencia que exerceu o sumo poeta na produción lírica do Catrocentos en España.
A entrada é de balde aínda que, debido ás actuais limitacións de capacidade, agradécese a reserva previa por correo electrónico escribindo a dantesulcamminodisantiago [at] ladante.pt (dantesulcamminodisantiago[at]ladante[dot]pt).
O proxecto internacional 'Dante sul Cammino di Santiago' ten lugar no ano en que se celebran dous importantes aniversarios como o 700 aniversario da morte de Dante Alighieri e o Ano Santo Compostelán.
Esta iniciativa propón un itinerario que une Roma e Santiago nunha peregrinación cultural e que involucra a varios comités Dante Alighieri entre Portugal, Italia, España e Francia, xunto con numerosas institucións culturais dos países correspondentes.