Ir o contido principal

Debate de candidaturas á Alcaldía de Santiago de Compostela

Participarán Xosé Antonio Sánchez Bugallo (PSdeG-PSOE), Borja Verea Fraiz (Partido Popular), María Rozas Pérez (Compostela Aberta) e Goretti Sanmartín Rei (BNG), coa moderación a cargo de Alberto González, xornalista de Radio Voz Compostela

Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

O martes 23 de maio celebrarase na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC un dos últimos debates electorais da campaña das eleccións municipais do 28M entre os candidatos á Alcaldía da capital galega dos catro grupos políticos que actualmente teñen representación no Concello. O debate está organizado por La Voz de Galicia e Radio Voz Compostela e retransmitirase en directo na programación da cadea radiofónica. 

Con entrada libre a todo o público que desexe asistir, o debate terá lugar no salón de actos da Facultade e terá unha duración aproximada de hora e media, a partir das 12.00 horas.

Participarán Xosé Antonio Sánchez Bugallo (PSdeG-PSOE), Borja Verea Fraiz (Partido Popular), María Rozas Pérez (Compostela Aberta) e Goretti Sanmartín Rei (BNG), coa moderación a cargo de Alberto González, xornalista de Radio Voz Compostela.

Durante o debate, os candidatos exporán e confrontarán as súas principais propostas sobre diferentes temas de interese para a cidade, como a mobilidade, a vivenda, as políticas sociais, o casco histórico, o turismo ou as grandes infraestruturas. Tamén haberá unha quenda de preguntas que poderán formular as persoas do público asistente.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.05.2023.