O encontro contará cun programa de actividades para todos os públicos e un formato completamente virtual

A falta de presenza feminina na área da física comeza nos estudos de grao, nos que as alumnas representan en torno ao 30%, e a medida que se ascende na carreira investigadora a situación empeora, mesmo máis segundo a especialización, como sucede coa Física Teórica.
Neste debate, tres expertas en igualdade de xénero poñerán sobre a mesa algúns datos e iniciativas que se están a desenvolver para reverter esta situación. Ana Jesús López Díaz, presidenta de AMIT- Gal e vicepresidenta do Grupo de Mulleres en Física da Real Sociedade Española de Física; Yolanda Lozano de Gender in High Energy Theory - CERN e Beatriz G. Plana do IGFAE integrarán este foro.
Esta actividade forma parte da III Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.