Ir o contido principal

Regueifas de Ciencia

'Débese legalizar o cannabis?'

20.04.2023 | 19.30h

Santiago de Compostela
Auditorio

Fernándo Rodríguez de Fonseca, Manuel Isorna Folgar, José Carlos Bouso e Patricia Amiguet participan nesta nova Regueifa de Ciencia do curso 2022-23

Cartel da actividade
Cartel da actividade

O programa de debates Regueifas de Ciencia, unha iniciativa promovida pola USC con financiamento da Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT), programa unha nova sesión  o xoves 20 de abril cun faladoiro arredor da legalización do cannabis.

O encontro arrancará ás 19.30 horas no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC coas intervencións de Fernando Rodríguez de Fonseca, do Laboratorio de Neuropsicofarmacoloxía IBIMA; Manuel Isorna Folgar, doutor en Psicoloxía e profesor na Universidade de Vigo; José Carlos Bouso Saiz, director científico da Fundación ICEERS e Patricia Amiguet Adell, voceira de ConFAC, presidenta de CatFAC e  cofundadora de REMA/RdRLab. 

A sesión,  de acceso libre ata completar a capacidade da sala, poderá seguirse en liña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.04.2023.