Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Microsoft Teams

Esta charla sobre dereito público en relación ao COVID-19 será impartida por Alba Nogueira, do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado da USC. Podes acceder á conferencia o luns 4 de maio, a partir das 18.00 horas, facendo click aquí.
Ao remate da intervención de Nogueira terá lugar un foro de debate virtual no que as persoas rexistradas como público poderán formular as preguntas que estimen oportuno.
Esta iniciativa forma parte do ciclo de videoconferencias que promove o Campus da Cidadanía da USC, no que diversos expertos abordarán o virus causante da pandemia desde distintas ópticas.