Ir o contido principal

Curso de actualización

Dereito de sucesións e discapacidade

17.06.2022 | 09.30h-20.00h

Sala de Xuntas
Santiago de Compostela

Esta actividade forma parte do programa de formación continua do Centro de Estudos Propios.

Facultade de Dereito. Foto: Andrés Fraga
Facultade de Dereito. Foto: Andrés Fraga

O grupo de investigación “Libredón. Dereito civil” organiza un curso para a posta ao día dos coñecementos en materia de Dereito de sucesións, tras os cambios introducidos no Dereito civil estatal pola Lei 8/2021, que mudou o paradigma existente en relación coa discapacidade. Dirixido polas profesoras Ana Díaz Martínez e Marta Carballo Fidalgo, terá lugar o 17 de xuño na Facultade de Dereito. 

O curso, que se desenvolverá en sesións de mañá e tarde, contará con profesoras e profesores de Dereito civil e profesionais das notarías, rexistros da propiedade e a avogacía. Abordará temas de actualidade como a capacidade para outorgar testamento e pacto sucesorio, a nova prohibición de dispor a favor dos coidadores, a ordenación dunha sucesión testamentaria con persoas con discapacidade no núcleo familiar, as cláusulas testamentarias para procurar o coidado do testador ou terceiros, a aceptación e partición da herdanza cando os chamados como herdeiros son persoas con discapacidade, as modificación legais en materia de indignidade ou substitucións hereditarias e as necesarias reformas dos Dereitos civís autonómicos para adaptar as súas normas á Convención de Nova York sobre os dereitos das persoas con discapacidade, con especial atención ao Dereito galego.

Os destinatarios do curso, organizado como unha aposta pola formación ao longo da vida profesional das e dos xuristas, son avogadas/os, procuradoras/es, persoal das Administracións Públicas, asesoras/es xurídicas/os de entidades do terceiro sector que traballan a prol das persoas con discapacidade, persoal auxiliar da Administración de Xustiza e graduadas/os en Dereito en formación.

A matrícula (exclusivamente en liña) estará aberta desde o día 30 de maio ata o 12 de xuño. As prazas son limitadas as persoas participantes recibirán un diploma como curso de formación continua da USC. Para solicitar a admisión as interesadas poden dirixirse aos enderezos ana.diaz [at] usc.es (ana[dot]diaz[at]usc[dot]es) e marta.carballo [at] usc.es (marta[dot]carballo[at]usc[dot]es)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.05.2022.