Ir o contido principal

'Desafíos ante a reforma dos delitos sexuais'

Do 14 ao 15 de novembro

Santiago de Compostela
Sala de Xuntas

Organizado pola Facultade de Dereito da USC

O seminario 'Desafíos ante a reforma dos delitos sexuais' desenvólvese na Facultade de Dereito da USC. Foto: Santi Alvite
O seminario 'Desafíos ante a reforma dos delitos sexuais' desenvólvese na Facultade de Dereito da USC. Foto: Santi Alvite

A Lei Orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual, supón unha reforma ambiciosa da protección e garantía da liberdade sexual en España, que non está exenta de polémica. O seminario abordará os aspectos máis cuestionados desde o punto de vista penal e procesual do novo marco de regulación dos delitos contra a liberdade sexual.

O encontro desenvolverase o luns 14 e o martes 15 de novembro na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito da USC e ao abeiro do Proxecto I+D+i PID2020-112637RB-I00, 'A responsabilidade da intelixencia artificial: un desafío para as ciencias penais', financiado polo Programa Estatal de Fomento da Investigación Científica e Técnica de Excelencia, Subprograma Estatal de Xeración de Coñecemento, do Ministerio de Economía e Competitividade; e do Proxecto I+D+i PGC 2018-095735-B-I00, 'Límites á utilización de datos, evidencias e información entre procesos e procedementos diversos en España e a Unión Europea ' (LUDEI), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, a Axencia Estatal de Investigación e Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

programa completo está dispoñible en liña e a participación é de balde previa inscrición vía correo electrónico a ludei [at] usc.es (ludei[at]usc[dot]es)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2022.