Conferencia promovida polo grupo HISTAGRA

O ciclo Pasados Incómodos do grupo HISTAGRA programa unha nova conferencia o xoves 3 de novembro ás 12.00 horas na Aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia. Emilio Crenzel, investigador do CONICET, ofrece o relatorio 'Desaparecidos na Arxentina. O que aínda ignoramos'.
A actividade é de acceso libre ata completar a capacidade da sala.
Emilio Crenzel
Doutor en Ciencias Sociais (UBA). Investigador Principal do CONICET, especialista en memoria social, historia recente e xustiza transicional. É Profesor de Socioloxía da Facultade de Ciencias Sociais da UBA e de cursos de posgrado en diferentes universidades. Publicou os libros Memory of the Argentina Disappearances: The Political History of Nunca Más (Nueva York/Londres, Routledge, 2011); La historia política del Nunca Más: La memoria de las desapariciones en la Argentina, (Buenos Aires, Siglo XXI, 2008 e 2014) Memorias enfrentadas: el voto a Bussi en Tucumán (Universidade Nacional de Tucumán, 2001) El Tucumanazo (CEAL, 1991, Universidad Nacional de Tucumán, 1997 e 2015) e editou, xunto a Eugenia Allier, The Stuggle for Memory in Latin America: The Recent History of Political Violence (Palgrave, 2015) e Las luchas por la memoria en América latina: la historia reciente y violencia política (UNAM, 2015).