O aforo estará reducido seguindo o protocolo de seguridade. O despacho para retirar as entradas permanecerá aberto desde as 19.00 horas

Esta obra, a cargo da compañía de teatro Butaca Zero, terá lugar no Salón Teatro , e o prezo da entrada será de 3 euros. A función comeza ás 20.30 horas e dura 80 minutos.
'Despois das ondas' é unha viaxe teatral que percorre as paisaxes da memoria da gran actriz coruñesa María Casares tras corenta anos de exilio. No tren que a trae de volta, a gran dama do teatro francés rememora os episodios máis importantes da súa vida: a infancia na Coruña, Madrid co nacemento da república, o ascenso do seu pai Casares Quiroga a presidente, a chegada da Guerra Civil e con ela o exilio a París, os primeiros amores, o cine, o teatro ... Cada vez máis preto do final da súa viaxe, Casares recorda os episodios máis duros: a morte da súa nai, a do seu pai , e especialmente o do seu eterno grande amor, o nobel Albert Camus.
O festival 'USCénica 2020' terá lugar entre o 1 e o 18 de xullo. Esta iniciativa, que se desenvolverá entre a sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, o Salón Teatro e a terraza do Auditorio da Universidade, inclúe tanto funcións de teatro coma concertos. A totalidade da recadación do festival irá destinada á asociación Banco de Alimentos de Santiago de Compostela. A tal efecto, pódese adquirir unha butaca 0 para contribuír a esta axuda sen asistir a ningunha función, facendo un ingreso no nº de conta ES69 0049 1467 29 2010476054 (Banco Santander).
Dado o aforo reducido, non existe a posibilidade de mercar un abono para todo o festival. Unha vez comezada a función non se permitirá o acceso a ningún dos espazos.