Ir o contido principal

Día da Ciencia en Galicia. Homenaxe a Fernando Calvet i Prats

08.10.2025 | 12.00h

Santiago
Salón Nobre

Na USC, ademais de traballar pola integración das mulleres na docencia, Calvet aportou un aire europeo ás formas docentes, tanto na relación co estudantado como na incorporación do deporte
Na USC, ademais de traballar pola integración das mulleres na docencia, Calvet aportou un aire europeo ás formas docentes, tanto na relación co estudantado como na incorporación do deporte

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolle o 8 de outubro, ás 12.00 horas, o acto institucional con motivo do Día da Ciencia en Galicia co que a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) rende tributo á figura de Fernando Calvet i Prats, elixido Científico Galego do Ano. O acto, presidido polo reitor Antonio López Díaz, e que contará coa intervención do presidente da RAGC e profesor da USC, Juan Manuel Lema Rodicio, servirá de marco para a entrega das Medallas de Investigación de Galicia. Ademais, logo da proxección dun vídeo homenaxe, desenvolverase o relatorio ‘Unha semblanza da actividade científica de Fernando Calvet’, a cargo de  Manuel Freire Rama, catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC e académico da RAGC.

Pioneiro

Nado en Vilafranca del Penedès (Barcelona) en 1903, Calvet i Prats iniciou a súa formación en Química na Universitat de Barcelona, onde tamén comezou a súa carreira docente en 1923. Dous anos despois recibiu unha bolsa para traballar en Oxford con Chataway, un dos poucos químicos orgánicos ingleses ben relacionado coa escola alemá de Von Baeyer, daquela a mellor do mundo. En 1927 obtivo o grao de Doutor en Oxford e en 1928 o da Universidad de Madrid.

En 1929, con apenas 26 anos, gañou a cátedra de Química Orgánica da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, neses momentos cunha escasa tradición docente e investigadora no eido das ciencias experimentais. Pouco despois recibiu unha bolsa da Fundación Rockefeller para traballar en Múnic co Premio Nobel Heinrich Wieland. De volta en Santiago, en 1930, montou o primeiro laboratorio de Química Orgánica da USC e creou un grupo de investigación pioneiro.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.10.2025.