Evento organizado pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría

O Día da Escola de Enxeñaría terá lugar no Salón de Actos da ETSE sen público presencial. Que desexe asistir, pode unirse en remoto a través desta ligazón.
O evento contará cunha apertura a cargo de Gumersindo Feijoo, vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, que será tamén quen clausure o acto. O secretario da ETSE, Óscar Rodríguez Figueiras, presentará a Memoria de Actividades da Escola no curso 2019-20.
A continuación, a profesora do Departamento de Electrónica e Computación Paula López Martínez impartirá a ponencia 'Inteligencia artificial y computación en el borde: smart data versus big data', e antes e despois desta intervención terá lugar a entrega dunha serie de galardóns para alumnado e PDI.