Ir o contido principal

Acto institucional

Día da Escola Técnica Superior de Enxeñaría

07.04.2022 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón de actos

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC celebra a súa festividade o 7 de abril cun acto institucional que presidirá o reitor Antonio López

Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Escola Técnica Superior de Enxeñaría

O Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría acollerá o xoves, día 7 de abril ás 12.00 horas, o acto institucional en conmemoración do Día da Enxeñería. 

O reitor da USC, Antonio López, presidirá o evento que contará tamén coas intervencións de Julia González Álvarez, directora da ETSE, e de Teresa Alvariño Pereira, doutora en Enxeñaría Química e Ambiental e xerente de Cetaqua Galicia, quen pronunciará a conferencia 'Cerrando o círculo: novos modelos de economia circular'.  

O evento incluirá a entrega de dos Premios Extraordinarios Fin de Carreira, dos Mellores Expedientes, Mellores TFG e TFM e os Premios á Calidade Lingüística de TFG e TFM. Tamén se entragarán daquela os Premios Leonardo á Docencia e á Investigación, o Premio Altia ao mellor TFG no Grao de Enxeñaría Informática, o Premio ViaQUA ao mellor TFM no Mestrado en Enxeñaría Ambiental e o Premio DXC ao mellor TFM no Mestrado en Tecnoloxías de Analise de Masivos: Big Data. 

 

O evento poderá seguirse en liña a través de MS TEAMS. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.04.2022.