Lerase en Fonseca o Manifesto 25N da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU) e presentarase a campaña da USC 'Contra o Acoso'

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolle o venres 24 de novembro ás 11.30 horas o acto institucional da USC en conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N), que presidirá o reitor Antonio López.
Durante o acto lerase o Manifesto 25N da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU) da que forma parte a Oficina de Igualdade de Xénero da USC e a continuación presentarase publicamente a campaña 'Contra o Acoso' que desenvolve a Universidade de Santiago.
O acto retransmitirase en directo a través da canle de YouTube oficial do Servimav da USC.