15.04.2021 | 12.00h
Medidas COVID: Uso obrigatorio de máscara, distancia interpersoal de seguridade e hixiene de mans

Carmen Blanco García, profesora titular do departamento de Filoloxía Galega, pronunciará a conferencia 'O Carvalho de cen ponlas', na honra de Ricardo Carvalho Calero, a quen se adicou o Día das Letras Galegas de 2020 que por mor das circunstancias sanitarias non puido ter lugar o ano pasado.
O evento, que terá lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e contará coa presenza de Antonio López, reitor da USC, poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube da USC.