Ir o contido principal

Acto académico

Día das Letras Galegas 2023

16.05.2023 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

Na honra de Francisco Fernández del Riego

Acto académico en conmemoración do Día das Letras Galegas 2023
Acto académico en conmemoración do Día das Letras Galegas 2023

A USC únese ás celebracións en homenaxe a Francisco Fernández del Riego, o autor ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas, cun acto oficial o martes 16 de maio a partir das 12 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. 

O reitor Antonio López presidirá esta homenaxe que contará tamén coa presenza de María José López Couso, vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, de Ernesto Xosé González Seoane, vicerreitor de Profesorado, de Francisco Cidrás Escaneo, director do Departamento de Filoloxía Galega e de Xosé Henrique Monteagudo Romero, catedrático do departamento de Filoloxía Galega que pronunciará a conferencia 'Francisco Fernández del Riego : ao seu xeito rebelde'.

No acto presentarase tamén o volume Francisco Fernández del Riego. Ao meu xeito rebelde, que edita a Universidade de Santiago de Compostela e estudantes do Grao en Lingua e Literatura Galegas procederán á lectura de textos do homenaxeado, nunha iniciativa organizada polo profesor Xosé Manuel Salgado Rodríguez. 

As persoas interesadas en asistir ao acto deben remitir confirmación ao enderezo reitor.secretaria [at] usc.gal (reitor[dot]secretaria[at]usc[dot]gal) 

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.05.2023.